Levo tempo botando un ollo ao que nos presentan coma "chapuzas galegas", e cando menos súrxeme unha dúbida: ¿De verás que o que caracteriza ao feismo galego son as pequenas curiosidades coma esta?
Para mín, a maior parte das denuncias que fai esta sección teñen máis que ver có inxenio, a reutilización e a reciclaxe, ca có feismo. E deberan ser eloxiadas, máis ca "denunciadas".
En vez de tentar avergoñar a pequena inventiva da xente que reusa, reutiliza e recicla, asignando a esta sección o nome de "chapuzas", penso que, ou ben deberan cambiar o nome da mesma, ou ben empregar o espacio e a oportunidade que teñen para denunciar o verdadeiro feismo, con efectos mil veces máis evidentes e duradeiros, e que na maior parte débense a políticas e licenzas urbanísticas, ben por lamentables, ben polo seu neglixente ou inexistente cumprimento.
Arquitectos, concellais e conselleiros de urbanismo. Maiormente. A estas persoas si deberan avergoñar.
Ao paisano que coloca unha tapa de ferro en vez dunha tapa de contaminante plástico, como moito haberá que explicarlle por qué temos unha norma e por qué temos que cumprila.
Os outros, os mencionados, os que se presupón estudiados, son os que deberan explicar e facer aplicar, e por iso teñen a meirande culpa e os seus efectos son os máis notorios.
Do mesmo xeito que unha fachada de ladrillo caravista ten fácil solución, salvo que a estrutura, o emplazamento, a rúa, o barrio e a cidade, non teñan por onde collelos. Un saúdo.